Blogia
MASA CRÍTICA OURENSE

Bo comezo...!!!

Bo comezo...!!!

Onte, Xoves 20 de Setembro, demos comezo ó que de agora en diante será para todos aqueles cidadáns que queiran participar, unha bicicletada lúdica e festiva, a primeira andaina da Masa Crítica en Ourense.

A cousa comezou ben, fomos chegando ó Pavillón dos Remedios, as 20:00 hrs., e cada un de nos foi aportando o seu gran de area: globos, chifres, chalecos reflectantes, volantinas para repartir, matriculas para as nosas bicis...

Cando xa nos xuntamos un bo grupo de persoas, unhas 25, e logo de concretar unha ruta, demos comezo a bicletada: saimos dos Remdios hacia os xuzgados e subimos pola rúa Cocello ata chegar ó Parque San Lázaro.

Unha vez alí tomamos a rúa Bedoya ata cruzarnos coa Av. de Bos Aires, a cal percorremos ata o cruce coa Habana, dirección San francisco, pasando polo Auditorio e baixando Peña Trevinca ata o cruce con Coruña.

Chegados ó Posío tomamos pola rúa Progreso ata o edificio da Deputación, onde entramos ata a rúa do Paseo, a cal percorremos coas bicis na man, repartindo volantinas e facendonos ver, así como recibindo unha boa aceptación por parte dos peóns.

Ó chegar a Subdelegación fixemos unha pequena parada, para logo retomar a nosa andaina pola rúa Curros Enriquez, ó final da cal tomamos Sáez Diez ata chegar de volta o noso punto de partida, o Pavillón dos Remedios.

O percorrido durou algo máis dunha hora, nun ambiente festivo, pero sen perder o fondo reivindicativo propio da MC.

E para que isto siga adiante, e porque consideramos que a convocatoria tivo bastante éxito, este Xoves 27, por ser o último xoves do més, REPETIMOS!!!...así que xa sabedes, dendo o Pavillón dos Remedios, as 20:00 hrs...AGARDAMOS MÁIS INCORPORACIÓNS!!!

Se vos animades e queredes axudarnos a organizarnos para a próxima, quedamos en facer unha xuntanza no local social A Esmorga, o vindeiro Luns 24 de Setembro, as 20:30 hrs. para tratar estes e outros temas:

  • Financiación: aportacións económicas para facer volantinas e estas cousas que se poderían mercar.
  • Novas ideas orixinais para ir facendo: pegatas quizais (temos un orzamento de 7 centimos cada unha, mais ou menos, podería sair mais barato incluso), máis material (recordade que podedes baixar e imprimir o material que temos colgado)
  • Dar a coñecer o Blog. Ver como podemos coordinarnos para xestionalo.

E lembra...COMEZA A MUDAR A GASOLINA POR CALIDADE DE VIDA DENDE HOXE MESMO!!!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres