Blogia
MASA CRÍTICA OURENSE

Último xoves do mes de Setembro...

Último xoves do mes de Setembro...

...e como non podía ser menos... BICICLETADA!!!...


Niso quedaramos...e así foi...e aínda que non eramos tantos como na primeira (esta vez sobre 23 persoas)...habemos de dicir que estamos contentos, xa que moitos dos que asistimos á primeira non puidemos ir, pero tivemos moitas caras novas, e todos con ganas de que isto siga adiante.


Quedouse como xa se dixo no Pavillón dos Remedios, ás 20:30 hrs., e de aí partiuse, saíndo cara a Progreso, para despois subir por Marcelo Macías ata a Av. de Portugal, percorrendo o barrio do Couto, e chegando de novo ao Pavillón.

Así que xa sabedes, quedades todos invitados á próxima BICICLETADA, o último xoves do mes de Outubro, día 25, a partir das 20:00 hrs. dende o Pavillón dos Remedios...

COMEZA A MUDAR A GASOLINA POR CALIDADE DE VIDA DENDE HOXE MESMO!!!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres