Blogia
MASA CRÍTICA OURENSE

EN XANEIRO CAMBIAMOS O LUGAR DE SAIDA DA MASA CRÍTICA

EN XANEIRO CAMBIAMOS O LUGAR DE SAIDA DA MASA CRÍTICA

O novo ano chegou con novas iniciativas, e entre elas a de cambiar o lugar da saida da MC Ourensana. Agora sairemos os últimos xoves de mes as 20h pero dende o PARQUE SAN LÁZARO xa que pensamos que é un lugar mais céntrico, co cal poderemos ter mais visibilidade e moitas das persoas que circulan en bicicleta poderanse unir a marcha.

En calquera caso, os primeiros meses algún de nos dará unha volta por "O Pavillón dos Remedios" por se queda algún rezagado.

Lembrar que esta semana hay MASA CRÍTICA en OURENSE e que precisamos que tanto colectivos como particulars esteades alí especialmente agora, xa que o frio e a choiva de novembro e decembro desluciron a MC dos últimos meses. Queremos que 2008 comece con forza.

Este XOVES 31 DE XANEIRO 2008, quinta Masa Crítica en Ourense, as 20h dende o PARQUE SAN LÁZARO (Frente a Delegación do Goberno)

Por unha cidade para as persoas: sen malos fumes nin ruidos. Cidades seguras pensadas para todos os cidadáns.

Cambia a Gasolina pola calidade de Vida.

 

NON ESQUEZADES DE CONSULTAR E PARTICIPAR EN:

Web das masa críticas galegas

Foro das masas críticas galegas

Espacio de debate e difusión sobre mobilidade (UN COCHE MENOS)

 

0 comentarios