Outro XOVES de FESTA!!!
Pasou outro més e volvemos a coindicidir...!!
Como cada último xoves do mes, a partir das 20 :00 hrs, comezamos a chegar ao Pavillón dos Remedios un grupo de ciclousuarios dispostos a facer un pequeno percorrido polas rúas ourensás, para reivindicar o uso da bici como un medio de transporte máis ecolóxico, máis confortable para o propio individuo, e máis saudable para o conxestionamento do tráfico na cidade.
Un mes máis a iniciativa cidadá tivo éxito, e por iso a prensa local quíxose facer eco do movimento (en breves porei a entrevista e as fotos que na última MC lle fixéron a un dos compañeiros participantes).
E lembra, á proxima MC terá lugar o vindeiro xoves, 29 de novembro, ás 20:00 hrs, dende o Pavillón dos Remedios.
COMEZA A MUDAR A GASOLINA POR CALIDADE DE VIDA DENDE HOXE MESMO !!!
0 comentarios