En CORUÑA, 7 de xuño, IIªMARCHA NUDISTA
Chamamento Mundial. Sábado 7 de xuño de 2008. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.
Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.
Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.
Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.
Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.
Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alacant, Murcia, Valladolid, Valencia, Granada, Santander, Cuenca, Salamanca.
Visita a nosa web: http://www.ciclonudista.net
2º Marcha Ciclonudista en Galiza (Sábado 7 de xuño ás 12h na Coruña, saída da Praza de María Pita)
O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e algo abusivo, como tamén a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como gustemos, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade da Coruña, un paseo de tolerancia e integridade.
Despois do enorme éxito da primeira edición, con máis de 40 ciclonudistas paseando polas rúas da Coruña, a ciclonudista chega de novo á cidade. O percorrido comezará en na Praza María Pita, iremos vestidos e, nun punto do percorrido, fora a roupa e arriba as bicis!
Queremos contar co maior número posible xente, polo que se alguén dúbidas, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo xa que non é obrigatorio ir espid@s. Tamén podedes acudir con perrucas, caretas, pintad@s, … Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible e para recordar.
A convocatoria, mentres non se animen outras cidades a celebrala, pretende ser unha ciclonudista galega, polo que queremos facer partícipes ás persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante na cidade da Coruña. Avisade a todos os vosos contactos, a tod@s @s vos@s coñecid@s, amig@s ou familiares, seguro que agradecerán coñecer esta convocatoria.
Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net
A preparación poderedes seguila aquí: Foro das masas críticas galegas (apartado da ciclonudista)
O material dispoñible é:
- Cartel
- Panfleto diante
- Panfleto detrás
Vémonos o sábado 7 de xuño ás 12h en Coruña, na Praza María Pita!
DIFUNDIDE !!!
0 comentarios