Verdegaia fai unha nova comparativa de medios de transporte en Ourense
Verdegaia xa fixo o ano pasado unha comparativa de medios en todo o ámbito galego (Ferrol, Compostela, Vigo e Ourense), no que se demostraba claramente que o transporte máis rendible tanto en custes económicos como ecolóxicos era a bicicleta.
Este ano, cando temos un novo núcleo comarcal (A Coruña) e unha representante local en Ribeira, repetiremos esta actividade para volver procurar a mobilidade máis sustentable posible.
Verdegaia Ourense levaraa a cabo o martes 23 de febreiro ás 20:00 h. con saída na Praza Maior.
Desde alí iremos á zona do Paco Paz/ Expourense. De alí ó centro de saúde de Xoán XXIII e finalmente ó local de Verdegaia e Amarante (Avenida da Habana, 64).
Os medios escollidos son de novo: a pé, bicicleta, moto, autobús, taxi e coche.
Cada un/unha dos/as participantes levará unha ficha consigo para ir apuntando a hora de saída e chegada e logo farase un cálculo de custos tanto económicos como ambientais (prezo do taxi, prezo da gasolina ou gasoil, gasto da bicicleta e do coche ademais da gasolina, emisións de CO2, etc.).
Esta actividade usarase, ademais, para dar o informe dos resultados na Masa crítica do día 25 de setembro.
0 comentarios