Blogia
MASA CRÍTICA OURENSE

A bici, para todos os días !!

A bici, para todos os días !!

A bicicleta serve para moverse pola cidade e non só é un medio de transporte económico e rápido, senón que está demostrado que é o sustantable e saudable para todo o mundo (peóns, ciclistas, non afecta á calidade do aire, non emite CO2, non gasta gasóleo nin gasolina...). Isto fai da bici o medio de transporte máis "sensato", xa que é bo para todo o mundo, incluso para quen non a usa.

Por todo isto, a Masa Crítica reclama dous compromisos:

Un compromiso político de maior percorrido que o "día da bici": que se aposte pola bicicleta como forma de mobilidade urbana e que este impulso calle nas políticas públicas en forma de carrís bici, redistribución do tráfico, maior seguridade e medidas de educación e sensibilización viaria.

Un compromiso cidadán de todos e todas, por unha mobilidade diferente: saudable, segura, barata e limpa. En definitiva, un compromiso de todos os cidadáns e cidadás coa súa cidade, para facer de Ourense un lugar para as persoas e non para os coches.

O vindeiro xoves 30 de outubro, ás 20 h, do parque San Lázaro sairá un mes máis a MASA CRÍTICA para percorrer as rúas da cidade, reivindicando exactamente estes dous compromisos e baixo un lema: A bici, para todos os días !!

Á actividade de todos os meses engadiráselle unha "Xinkana Crítica" organizada por Amigos da Terra, asociación que se encarga este mes da dinamización do acto mensual.


0 comentarios