Un pouquiño de filosofía...
A Masa Crítica é un movemento global que realiza mensualmente un paseo lúdico e reivindicativo polas rúas da cidade, divulgando así, de xeito creativo, o uso de transportes non contaminantes como alternativa ao coche.
A idea foi bastante sixela. Un día, un grupo de ciclistas reuniuse na cidade para protestar polas as condicións do tráfico, causando unha chea de problemas ao tráfico motorizado. Á xente gustoulle a experiencia e decidiron que se convertese nun costume. Así, desde entón e unha vez ao mes, reúnense no mesmo lugar á mesma hora.
¿Que é unha bicicletada?
Unha bicicletada é un paseo de bicileta, patíns, "skates" e afíns polas rúas da cidade para promover a calidade de vida urbana.
¿Quen organiza a bicicletada?
A MC é un conxunto de cidadáns que cooperan para realizar estes paseos. A MC é apartidaria, non representa ou segue calquera orientación ideolóxica nin ten fins lucrativos.
¿Onde se realizan?As bicicletadas realízanse en máis de 350 cidades de todo o mundo. Tiveron comezo en San Francisco, no 1992, sendo agora un movemento a nivel mundial.
¿Cando se realizan?
As bicicletadas realízanse todos os meses, o mesmo día, á mesma hora, chova ou faga calor. No caso de Ourense, a bicicletada realizase sempre o útlimo xoves de cada mes, a partires das 20:00 hrs, dende o Pavillón dos Remedios.
Este movemento existe tamén noutras cidades galegas: Compostela (último mércores de cada mes), Vigo (primeiro domingo) ou A Coruña (último venres), así como noutras moitas cidades de todo o país e de todo o mundo.
¿Quen pode participar?
Calquera persoa animada polas mesmas intencións que a MC pode participar. Basta aparecer no lugar e hora habituais coa súa bicicleta ou vehículo similar. Se queres traer un amigo, mellor!!!
¿O traxecto dunha bicicletada é difícil?
Non. É sempre unha ruta urbana trazada para poder ser completada por calquera condición física. A velocidade é sempre baixa, determinada polo máis lento dos participantes. Habitualmente os paseos duran ao rededor dunha hora.
Os obxectivos da MC son:
- Divulgar e promover o uso da bicicleta e outros vehículos non motorizados como medios de transporte viables
- Crear condicións favorables ao uso da bici como medio de transporte, volvendo as cidades máis hospitalarias
- Volver máis ecolóxicos e saudable a mobilidade urbana
Resumo dos princípios:
O movemento de MC baséase na idea de que non hai unha xerarquía de cargos. A participación é aberta a calquera persoa interesada, bastando a súa comparecencia. As rutas son decididas por consenso na hora, e poden ser realizados por calquera persoa.
¡ ¡ ¡ Anímate ! ! !
¡ ¡ ¡ Ven pedalear ! ! !
0 comentarios