¡ ¡ ¡ Comezamos ! ! !
Aproveitando que nos atopamos na "Semana Europea da Mobilidade" , e fartos xa de tanta contaminación e de non poder utilizar as nosas bicis como medio de trasporte seguro pola cidade, dende un grupo de cidadáns ciclousuarios queremos dar comezo a esta iniciativa en Ourense.
Nesta sociedade na que nos toca vivir a procura desesperada da velocidade e o uso escesivo do coche orixinan niveis de conxestionamento tales que calquera coche circula a certas horas, ridiculamente, á velocidade dunha carroza.
Ansiosos pola velocidade, aínda que bloqueados no tránsito, algúns conductores revelan, sistematicamente, un comportamento impropio da vida en sociedade, non respetando e pondo en risco ós máis vulnerables, cos seus arranques e paradas bruscas, co abuso ilegal da bocina ou non cedendo o paso.
Cada ciclista na rúa representa un coche menos no conxestionamento.
Acode á invitación para vir pasear connosco e descubrir unha prespectiva moito máis saudable e agradable de moverse en hora punta.
É momento de cambiar a gasolina por calidade de vida!!!
0 comentarios