Un pequeno paso para a Bici, un gran paso para a Cidade
Na última Masa Crítica Ourensana celebramos a Bici Boda entre a Cidade e a Bicicleta na que participaron preto de medio centenar de persoas. O percorrido, algo máis longo que de costume durou preto de unha hora polas rúas principais da cidade ante os xestos de sorpresa dos veciños que desde as terrazas berraban "vivan os noivos". A parella, montada nun tandem xurouse respeto ante os invitados elegantemente vestidos para a ocasión. Ela, a bici, prometeu denunciar os abusos da cidade.
Con esta acción, agardamos achegar a cidadanía a bici e os seus beneficios. Reclamamos un espacio para os biciusuarios na cidade, simplemente para facer de Ourense un lugar mellor para vivir: menos ruidoso, menos contaminado e máis seguro. E todos os últimos xoves de mes, na rúa e sobre a bici estaremos para reclamalo até acadar os nosos obxectivos. Eso sí, de "bo rollo" e con bo humor.
2 comentarios
Manel -
http://www.youtube.com/watch?v=m0Za07vQZzM
Santi Quiroga -
Se algo está demostrado é que os maseir@s galeg@s temos moita imaxinación e gañas por facer de Galiza un mundo mellor.
MOitos ánimos e a seguir achegando a Ourense outra visión de mobilidade máis respectuosa co noso devir.
APERTAS MIL!