Pedalea polas árbores!
A Masa Crítica invita a disfrutar con orgullo da bicicleta e das zonas verdes da nosa cidade
Dende a Masa Crítica queremos potenciar estilos de vida máis saudables e sustentables; así na convocatoria deste mes (día 25 de xuño a partir das 20:00h)) iniciaremos o noso percorrido en bicicleta dende a escalinata da subdelegación do governo de Ourense e incluiremos no itinerario duas zonas verdes da cidade, nas que disfrutaremos dun xogo con varias probas relacionadas coas árbores.
Queremos facer visibles formas de transporte alternativas ao vehículo privado, sostibles e respectuosos coas persoas.
Reivindicamos máis zonas verdes na nosa cidade, e tamén que se conserven e poñan en valor as que xa existen, ameazadas en ocasións por proxectos de reestructuración nos que se destrúen árbores dun xeito irracional. Precisamos de espazos para a sensatez nos que convivamos dun xeito alegre, lúdico e pacífico; espazos donde poidamos disfrutar dun tempo con menos polución, menos ruídos, máis seguridade e máis saúde para todas as persoas.
Ás árbores (ao igual que as bicicletas) teñen grande importancia na loita contra o cambio climatico, xa que capturan CO2. Ademais sustentan unha gran biodiversidade, aportan recursos para moitos sectores económicos, reteñen o solo previndo a súa erosión, xeneran un osíxeno vital para os seres que respiramos, reteñen e purifican a auga, diminúen o risco de enchentes e inundacións, absorven moitos contaminantes e contribuñen a recuperar zonas degradadas, incrementando os valores ambientais e culturais da paisaxe.
Este mes, a asociación Verdegaia colabora coa Masa Crítica organizando esta actividade, para a cal queremos convidar a toda a cidadanía propoñendo: traer as bicis decoradas con follas e flores, vestirse con cores verdes e blancas e tamén con motivos florais.
Á esta convocatoria súmase o colectivo AGLET, dentro da programación da III Festa do Orgullo. Gocemos con orgullo das árbores!
0 comentarios