Blogia
MASA CRÍTICA OURENSE

Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense

Xuntanza monográfica sobre a "Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense".

Resumimos aquí os comentarios e decisións da xuntanta do pasado xoves 10 de setembro en Ourense.
Estabamos alí 5 persoas.

Comentamos as razóns polas que xurde a proposta:
- Necesidade de transmitir as propostas dos biciusuarios de Ourense aos representantes políticos (Plantexábase a proposta de pedir unha xuntanza cos concelleiros do "ramo" para ver as medidas a prol da bicicleta que se poden tomar en Ourense.)
- Visibilizar socialmente ao colectivo de biciusuarios a través dos medios de comunicación. (confúndese a Masa Crítica con un colectivo, cousa que non é tal).
- Realización de actividades relacionadas con unha mobilidade sostible máis alá da Masa Crítica.

Plantexamos 2 posibilizades:
1.- Crear unha coordinadora de asociacións - plataforma ou algo así que trate o tema da mobilidade sustentable.
2.- Crear unha asociación nova.

Decídese tirar pola segunda opción, sobre todo por duas razóns:
- Unha asociación nova é máis sinxela de constituir e ten a entidade xurídica que necesitamos agora mesmo para presentarnos diante dos representantes políticos.
- Unha asociación nova na cidade pode atraer específicamente a biciusuarios que non están vinculados con ningunha outra organización pero que si coinciden coas reclamacións esenciais da organización. Tería esta función que nunha "coordinadora" non tería lugar.

Dito isto, xurden de novo duas opcións:
- Crear unha asociación de 0
- Crear o grupo de Ourense de "Mobiliza - Asociación por unha mobilidade responsable".

Explicarvos esta segunda opción:
Falando coa xente de A Coruña que dinamizan a Masa Crítica alí nos comentan que eles crearon en decembro pasado unha asociación por razóns semellantes as nosas e que o fixeron a nivel Galego. Isto é, que estaría haberta a que xurdiran grupos máis alá de A Coruña. Dito isto, enviaronnos os estatutos.

Esta é en definitiva a solución que en principio vemos, os que alí estabamos onte, con mellores ollos. Por sinxeleza, pero tamén pensando no futuro, por posible repercusión e posibilidade de traballo conxunto con outros biciusuarios galegos.
"Mobiliza" ten unha colaboración coa UDC pero non ten nin web, nin logo, nin nada que vos poida enviar para que vexades como traballan. So os estatutos.

O que compre decidir entre todas-os sería se nos interesa a proposta de Mobiliza (eles o van a falar en Coruña tamén entre eles), e se estamos de acordo, pois como facer.
Que pensades?

- Sería preciso que os estatutos regularan algo sobre os grupos locais?
- Sería preciso unha acta constituinte ou algún documento escrito? Un acordo, convenio, ou algo así?

Podemos poñer as opinións en común para ir avanzando e a semana que ven falamos con eles e lles facemos unha proposta, ok??

Os que alí estábades, se tendes algún comentario a maiores, este é o momento.

2 comentarios

manel -

Despois de ler os estatutos, creo que mobi-liza é unha opción flexible para os nosos intereses. O lóxico sería, apuntar nunha especie de acta de constitución, todos @s interesad@os, pedir o ingreso na asociación e dacordo co art. 21.4, solicitar a creación da comisión local de Ourense. Lóxicamente, eso nos daría para ir funcionando a nivel local, o resto, é cuestión de falalo e da disposición de cadaún.

Cristina -

Paréceme unha boa opción o feito de sumarnos a unha estructura xa formada, sempre que non interfira nos plantexamentos que desde Ourense se pretende levar adiante. Por iso compre regular o que desde o grupo local se quere facer, para facer a asociación Mobi-liza á medida do que o grupo local de Ourense quere conseguir.
Se neste senso a reforma dos estatutos resultase moi tedioso, podese contemplar a posibilidade de firmar un acordo ou convenio entre a asociación Mobi-liza e o grupo local, seguramente será máis rápido e flexible, podendose modificar segundo a actividade desenvolta. Saúdos ;)