Pedalea polas árbores!
A Masa Crítica invita a disfrutar con orgullo da bicicleta e das zonas verdes da nosa cidade
Dende a Masa Crítica queremos potenciar estilos de vida máis saudables e sustentables; así na convocatoria deste mes (día 25 de xuño a partir das 20:00h)) iniciaremos o noso percorrido en bicicleta dende a escalinata da subdelegación do governo de Ourense e incluiremos no itinerario duas zonas verdes da cidade, nas que disfrutaremos dun xogo con varias probas relacionadas coas árbores.
Queremos facer visibles formas de transporte alternativas ao vehículo privado, sostibles e respectuosos coas persoas.
Reivindicamos máis zonas verdes na nosa cidade, e tamén que se conserven e poñan en valor as que xa existen, ameazadas en ocasións por proxectos de reestructuración nos que se destrúen árbores dun xeito irracional. Precisamos de espazos para a sensatez nos que convivamos dun xeito alegre, lúdico e pacífico; espazos donde poidamos disfrutar dun tempo con menos polución, menos ruídos, máis seguridade e máis saúde para todas as persoas.
Ás árbores (ao igual que as bicicletas) teñen grande importancia na loita contra o cambio climatico, xa que capturan CO2. Ademais sustentan unha gran biodiversidade, aportan recursos para moitos sectores económicos, reteñen o solo previndo a súa erosión, xeneran un osíxeno vital para os seres que respiramos, reteñen e purifican a auga, diminúen o risco de enchentes e inundacións, absorven moitos contaminantes e contribuñen a recuperar zonas degradadas, incrementando os valores ambientais e culturais da paisaxe.
Este mes, a asociación Verdegaia colabora coa Masa Crítica organizando esta actividade, para a cal queremos convidar a toda a cidadanía propoñendo: traer as bicis decoradas con follas e flores, vestirse con cores verdes e blancas e tamén con motivos florais.
Á esta convocatoria súmase o colectivo AGLET, dentro da programación da III Festa do Orgullo. Gocemos con orgullo das árbores!
Un pequeno paso para a Bici, un gran paso para a Cidade

Na última Masa Crítica Ourensana celebramos a Bici Boda entre a Cidade e a Bicicleta na que participaron preto de medio centenar de persoas. O percorrido, algo máis longo que de costume durou preto de unha hora polas rúas principais da cidade ante os xestos de sorpresa dos veciños que desde as terrazas berraban "vivan os noivos". A parella, montada nun tandem xurouse respeto ante os invitados elegantemente vestidos para a ocasión. Ela, a bici, prometeu denunciar os abusos da cidade.
Con esta acción, agardamos achegar a cidadanía a bici e os seus beneficios. Reclamamos un espacio para os biciusuarios na cidade, simplemente para facer de Ourense un lugar mellor para vivir: menos ruidoso, menos contaminado e máis seguro. E todos os últimos xoves de mes, na rúa e sobre a bici estaremos para reclamalo até acadar os nosos obxectivos. Eso sí, de "bo rollo" e con bo humor.
A Bici e a Cidade de Ourense "CÁSANSE", ven celebralo

Ciclocultura da man de "A Esmorga"

Na última CICLOFIESTA de Ourense ao redor de 15 ciclousuarios percorremos as páxinas do libro de Blanco Amor "A Esmorga" no 50 aniversario da sua primeira publicación no exilio. Seguimos o percorrido autoguiado que existe na cidade e en cada punto nos parábamos e leiamos un paragrafo do libro que así ia saltando de man en man e claro está, de boca en boca. O certo e que nun bo ambiente fomos avanzando no libro e achegándonos a unha gran obra da nosa literatura. Unha mestura, a de reivindicación dun espacio para a bicicleta na cidade e a cultura que moitos quedamos con ganas de repetir con fórmulas semellantes. Admítense voluntarios para a vindeira !!
Na masa crítica, cada vez somos máis !!

A festas da bici de xaneiro e febreiro deixou unha maior participación de biciusuarios da nosa cidade.
Cada vez máis persoas suscriben a lista de información da Masa Crítica de Ourense e se suman as reivindicacións do roteiro ciclista urbano máis lúdico da cidade.
Súbete a bici cada día, celebrao unha vez ao mes !! Únete a masa crítica de Ourense !! Último xoves de mes, no parque san Lázaro a partires das 20.30 horas.
Pedaleando, ainda que chova !!

A Masa Crítica, dinamizada por unha Xinkana organizada por Amigos da Terra desenvolveuse en boa parte do seu percorrido este mes baixo a choiva. Pero nin por esas ...
A praza Maior, o parque do Barbaña ou a Ponte foron nos escenarios que viron pasar a Bicifestación ourensana este mes. Novos lugares nos que é preciso tamén facer visible a bicicleta e facer reflexionar aos conductores e peons sobre a necesidade de equipar a Ourense das instalacións que permitan a bicicleta ser un medio de transporte urbano. Pero máis saudable, limpo, silencioso, seguro e económico. O medio que Ourense precisa para avanzar.
Ao rematar, fumos todo a tomarlle algo e artellar maneiras de facernos máis visibles, debatir sobre novos estudos do uso da bicicleta nas cidades e pensar en como atraer máis xente a última Masa Crítica Ourensana o vindeiro 27 de novembro, a número 15 desde que comezamos alá por setembro de 2007.
Recibir Información da Masa Crítica
A Masa Crítica somos un grupo de persoas vinculadas entre nos polo mundo da Bicicleta.
Se queres recibir regularmente información das actividades e/ou participar activamente preme este enlace.
Incorpora o teu correo electrónico e unha clave de acceso. Recibiras un mail que deberás confirmar para quedar suscrito...
Feito isto, recibirás xa toda a información dos que integramos a Masa Crítica en Ourense.
PREME AQUÍ: Quero recibir información
