Blogia

MASA CRÍTICA OURENSE

Masa de Verán

Masa de Verán

Os-as biciusuaos-as de Ourense andamos decididas-os a vencer a calor e continuamos coas bicicletadas en en Agosto.

O vindeiro xoves 25 de Agosto, as 20h desde o Parque S.Lázaro

(fronte a sub.delegación do goberno) sae a MASA CRÍTICA DE OURENSE.

Súmate !! Ven a facer ver que as bicis tamén queren ter un espazo na cidade !!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Calendario de Masas Críticas 2010 en Ourense

cartel-2010-masacriticaourense.jpg

Descarga aquí o cartaz, pégao no choio, enviao aos amigos... AQUÍ

Estrea mundial da curta: "Unha BiciVoda na miña cidade"

Hai uns meses celebrouse unha boda simbólica entre a bici e a cidade de Ourense que poñía fin a unha historia de desencanto e incluso de malos tratos.

Aquí temos xa o video de aquela ceremonia na que puxemos moitas esperanzas: 

http://www.youtube.com/watch?v=m0Za07vQZzM

Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense

Xuntanza monográfica sobre a "Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense".

Resumimos aquí os comentarios e decisións da xuntanta do pasado xoves 10 de setembro en Ourense.
Estabamos alí 5 persoas.

Comentamos as razóns polas que xurde a proposta:
- Necesidade de transmitir as propostas dos biciusuarios de Ourense aos representantes políticos (Plantexábase a proposta de pedir unha xuntanza cos concelleiros do "ramo" para ver as medidas a prol da bicicleta que se poden tomar en Ourense.)
- Visibilizar socialmente ao colectivo de biciusuarios a través dos medios de comunicación. (confúndese a Masa Crítica con un colectivo, cousa que non é tal).
- Realización de actividades relacionadas con unha mobilidade sostible máis alá da Masa Crítica.

Plantexamos 2 posibilizades:
1.- Crear unha coordinadora de asociacións - plataforma ou algo así que trate o tema da mobilidade sustentable.
2.- Crear unha asociación nova.

Decídese tirar pola segunda opción, sobre todo por duas razóns:
- Unha asociación nova é máis sinxela de constituir e ten a entidade xurídica que necesitamos agora mesmo para presentarnos diante dos representantes políticos.
- Unha asociación nova na cidade pode atraer específicamente a biciusuarios que non están vinculados con ningunha outra organización pero que si coinciden coas reclamacións esenciais da organización. Tería esta función que nunha "coordinadora" non tería lugar.

Dito isto, xurden de novo duas opcións:
- Crear unha asociación de 0
- Crear o grupo de Ourense de "Mobiliza - Asociación por unha mobilidade responsable".

Explicarvos esta segunda opción:
Falando coa xente de A Coruña que dinamizan a Masa Crítica alí nos comentan que eles crearon en decembro pasado unha asociación por razóns semellantes as nosas e que o fixeron a nivel Galego. Isto é, que estaría haberta a que xurdiran grupos máis alá de A Coruña. Dito isto, enviaronnos os estatutos.

Esta é en definitiva a solución que en principio vemos, os que alí estabamos onte, con mellores ollos. Por sinxeleza, pero tamén pensando no futuro, por posible repercusión e posibilidade de traballo conxunto con outros biciusuarios galegos.
"Mobiliza" ten unha colaboración coa UDC pero non ten nin web, nin logo, nin nada que vos poida enviar para que vexades como traballan. So os estatutos.

O que compre decidir entre todas-os sería se nos interesa a proposta de Mobiliza (eles o van a falar en Coruña tamén entre eles), e se estamos de acordo, pois como facer.
Que pensades?

- Sería preciso que os estatutos regularan algo sobre os grupos locais?
- Sería preciso unha acta constituinte ou algún documento escrito? Un acordo, convenio, ou algo así?

Podemos poñer as opinións en común para ir avanzando e a semana que ven falamos con eles e lles facemos unha proposta, ok??

Os que alí estábades, se tendes algún comentario a maiores, este é o momento.

Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense

Xuntanza monográfica sobre a "Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense".
Resumimos aquí os acordos e o falado na xuntanza do pasado xoves 10 de setembro 2009 en Ourense.

Estabamos alí 5 persoas.

Comentamos as razóns polas que xurde a proposta:
- Necesidade de transmitir as propostas dos biciusuarios de Ourense aos representantes políticos (Plantexábase a proposta de pedir unha xuntanza cos concelleiros do "ramo" para ver as medidas a prol da bicicleta que se poden tomar en Ourense.)
- Visibilizar socialmente ao colectivo de biciusuarios a través dos medios de comunicación. (confúndese a Masa Crítica con un colectivo, cousa que non é tal).
- Realización de actividades relacionadas con unha mobilidade sostible máis alá da Masa Crítica.

Plantexamos 2 posibilizades:
1.- Crear unha coordinadora de asociacións - plataforma ou algo así que trate o tema da mobilidade sustentable.
2.- Crear unha asociación nova.

Decídese tirar pola segunda opción, sobre todo por duas razóns:
- Unha asociación nova é máis sinxela de constituir e ten a entidade xurídica que necesitamos agora mesmo para presentarnos diante dos representantes políticos.
- Unha asociación nova na cidade pode atraer específicamente a biciusuarios que non están vinculados con ningunha outra organización pero que si coinciden coas reclamacións esenciais da organización. Tería esta función que nunha "coordinadora" non tería lugar.

Dito isto, xurden de novo duas opcións:
- Crear unha asociación de 0
- Crear o grupo de Ourense de "Mobiliza - Asociación por unha mobilidade responsable".

Explicarvos esta segunda opción:
Falando coa xente de A Coruña que dinamizan a Masa Crítica alí nos comentan que eles crearon en decembro pasado unha asociación por razóns semellantes as nosas e que o fixeron a nivel Galego. Isto é, que estaría haberta a que xurdiran grupos máis alá de A Coruña. Dito isto, enviaronnos os estatutos (descargadeo aquí).

Esta é en definitiva a solución que en principio vemos, os que alí estabamos onte, con mellores ollos. Por sinxeleza, pero tamén pensando no futuro, por posible repercusión e posibilidade de traballo conxunto con outros biciusuarios galegos.
"Mobiliza" ten unha colaboración coa UDC pero non ten nin web, nin logo, nin nada que vos poida enviar para que vexades como traballan. So os estatutos.

O que compre decidir entre todas-os sería se nos interesa a proposta de Mobiliza (eles o van a falar en Coruña tamén entre eles), e se estamos de acordo, pois como facer.
Que pensades?
- Sería preciso que os estatutos regularan algo sobre os grupos locais?
- Sería preciso unha acta constituinte ou algún documento escrito? Un acordo, convenio, ou algo así?

Podemos poñer as opinións en común a través da lista para ir avanzando e a semana que ven falamos con eles e lles facemos unha proposta, ok??

Os que alí estábades, se tendes algún comentario a maiores, este é o momento.

Pedalea polas árbores!

A Masa Crítica invita a disfrutar con orgullo da bicicleta e das zonas verdes da nosa cidade

Dende a Masa Crítica queremos potenciar estilos de vida máis saudables e sustentables; así na convocatoria deste mes (día 25 de xuño a partir das 20:00h)) iniciaremos o noso percorrido en bicicleta dende a escalinata da subdelegación do governo de Ourense e incluiremos no itinerario duas zonas verdes da cidade, nas que disfrutaremos dun xogo con varias probas relacionadas coas árbores.

Queremos facer visibles formas de transporte alternativas ao vehículo privado, sostibles e respectuosos coas persoas.

Reivindicamos máis zonas verdes na nosa cidade, e tamén que se conserven e poñan en valor as que xa existen, ameazadas en ocasións por proxectos de reestructuración nos que se destrúen árbores dun xeito irracional. Precisamos de espazos para a sensatez nos que convivamos dun xeito alegre, lúdico e pacífico; espazos donde poidamos disfrutar dun tempo con menos polución, menos ruídos, máis seguridade e máis saúde para todas as persoas.

Ás árbores (ao igual que as bicicletas) teñen grande importancia na loita contra o cambio climatico, xa que capturan CO2. Ademais sustentan unha gran biodiversidade, aportan recursos para moitos sectores económicos, reteñen o solo previndo a súa erosión, xeneran un osíxeno vital para os seres que respiramos, reteñen e purifican a auga, diminúen o risco de enchentes e inundacións, absorven moitos contaminantes e contribuñen a recuperar zonas degradadas, incrementando os valores ambientais e culturais da paisaxe.

Este mes, a asociación Verdegaia colabora coa Masa Crítica organizando esta actividade, para a cal queremos convidar a toda a cidadanía propoñendo: traer as bicis decoradas con follas e flores, vestirse con cores verdes e blancas e tamén con motivos florais.

Á esta convocatoria súmase o colectivo AGLET, dentro da programación da III Festa do Orgullo. Gocemos con orgullo das árbores!

 

Un pequeno paso para a Bici, un gran paso para a Cidade

Un pequeno paso para a Bici, un gran paso para a Cidade

Na última Masa Crítica Ourensana celebramos a Bici Boda entre a Cidade e a Bicicleta na que participaron preto de medio centenar de persoas. O percorrido, algo máis longo que de costume durou preto de unha hora polas rúas principais da cidade ante os xestos de sorpresa dos veciños que desde as terrazas berraban "vivan os noivos". A parella, montada nun tandem xurouse respeto ante os invitados elegantemente vestidos para a ocasión. Ela, a bici, prometeu denunciar os abusos da cidade.

Con esta acción, agardamos achegar a cidadanía a bici e os seus beneficios. Reclamamos un espacio para os biciusuarios na cidade, simplemente para facer de Ourense un lugar mellor para vivir: menos ruidoso, menos contaminado e máis seguro. E todos os últimos xoves de mes, na rúa e sobre a bici estaremos para reclamalo até acadar os nosos obxectivos. Eso sí, de "bo rollo" e con bo humor.

A Bici e a Cidade de Ourense "CÁSANSE", ven celebralo

A Bici e a Cidade de Ourense "CÁSANSE", ven celebralo

Ciclocultura da man de "A Esmorga"

Ciclocultura da man de "A Esmorga"

Na última CICLOFIESTA de Ourense ao redor de 15 ciclousuarios percorremos as páxinas do libro de Blanco Amor "A Esmorga" no 50 aniversario da sua primeira publicación no exilio. Seguimos o percorrido autoguiado que existe na cidade e en cada punto nos parábamos e leiamos un paragrafo do libro que así ia saltando de man en man e claro está, de boca en boca. O certo e que nun bo ambiente fomos avanzando no libro e achegándonos a unha gran obra da nosa literatura. Unha mestura, a de reivindicación dun espacio para a bicicleta na cidade e a cultura que moitos quedamos con ganas de repetir con fórmulas semellantes. Admítense voluntarios para a vindeira !!

Na masa crítica, cada vez somos máis !!

Na masa crítica, cada vez somos máis !!

A festas da bici de xaneiro e febreiro deixou unha maior participación de biciusuarios da nosa cidade.

Cada vez máis persoas suscriben a lista de información da Masa Crítica de Ourense e se suman as reivindicacións do roteiro ciclista urbano máis lúdico da cidade.

Súbete a bici cada día, celebrao unha vez ao mes !! Únete a masa crítica de Ourense !! Último xoves de mes, no parque san Lázaro a partires das 20.30 horas.

Pedaleando, ainda que chova !!

Pedaleando, ainda que chova !!

A Masa Crítica, dinamizada por unha Xinkana organizada por Amigos da Terra desenvolveuse en boa parte do seu percorrido este mes baixo a choiva. Pero nin por esas ...

A praza Maior, o parque do Barbaña ou a Ponte foron nos escenarios que viron pasar a Bicifestación ourensana este mes. Novos lugares nos que é preciso tamén facer visible a bicicleta e facer reflexionar aos conductores e peons sobre a necesidade de equipar a Ourense das instalacións que permitan a bicicleta ser un medio de transporte urbano. Pero máis saudable, limpo, silencioso, seguro e económico. O medio que Ourense precisa para avanzar.

Ao rematar, fumos todo a tomarlle algo e artellar maneiras de facernos máis visibles, debatir sobre novos estudos do uso da bicicleta nas cidades e pensar en como atraer máis xente a última Masa Crítica Ourensana o vindeiro 27 de novembro, a número 15 desde que comezamos alá por setembro de 2007.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Recibir Información da Masa Crítica

A Masa Crítica somos un grupo de persoas vinculadas entre nos polo mundo da Bicicleta.

Se queres recibir regularmente información das actividades e/ou participar activamente preme este enlace.

PREME AQUÍ: Quero recibir información

Incorpora o teu correo electrónico e unha clave de acceso. Recibiras un mail que deberás confirmar para quedar suscrito...

Feito isto, recibirás xa toda a información dos que integramos a Masa Crítica en Ourense.

Se non funciona podes poñerte en contacto con nos directamente no noso correo electrónico. AQUÍ

A bici, para todos os días !!

A bici, para todos os días !!

A bicicleta serve para moverse pola cidade e non só é un medio de transporte económico e rápido, senón que está demostrado que é o sustantable e saudable para todo o mundo (peóns, ciclistas, non afecta á calidade do aire, non emite CO2, non gasta gasóleo nin gasolina...). Isto fai da bici o medio de transporte máis "sensato", xa que é bo para todo o mundo, incluso para quen non a usa.

Por todo isto, a Masa Crítica reclama dous compromisos:

Un compromiso político de maior percorrido que o "día da bici": que se aposte pola bicicleta como forma de mobilidade urbana e que este impulso calle nas políticas públicas en forma de carrís bici, redistribución do tráfico, maior seguridade e medidas de educación e sensibilización viaria.

Un compromiso cidadán de todos e todas, por unha mobilidade diferente: saudable, segura, barata e limpa. En definitiva, un compromiso de todos os cidadáns e cidadás coa súa cidade, para facer de Ourense un lugar para as persoas e non para os coches.

O vindeiro xoves 30 de outubro, ás 20 h, do parque San Lázaro sairá un mes máis a MASA CRÍTICA para percorrer as rúas da cidade, reivindicando exactamente estes dous compromisos e baixo un lema: A bici, para todos os días !!

Á actividade de todos os meses engadiráselle unha "Xinkana Crítica" organizada por Amigos da Terra, asociación que se encarga este mes da dinamización do acto mensual.


A bici para todos os días, o día da bici para o 26 de outubro

O vindeiro domingo 26 de outubro celébrase en Ourense o día da Bici, organizado por Ciclos Moure e o Concello de Ourense.

O "día da bici", antes "día sen coches" suscita polémicas entre colectivos e persoas interesadas en disfrutar e moverse na cidade en bicicleta, xa que resulta paradóxico que so se poida facer isto de forma segura e tranquila un día ao ano, esquecendo a bicicleta os outros 364 días na nosa cidade.

Reclamamos espacios para a bicicleta que fagan do seu uso algo cotian e seguro, transformando en Ourense a idea que temos de movilidade: cara vehículos eficientes, respetuosos co medio ambiente, sen ruidos e nen fumes.

Esta edición por razóns que descoñecemos chega con case un mes de retraso, xa que esta actividade enmarcábase tradicionalmente na semana europea da movilidade.

A xente da Masa Crítica estaremos no día da Bici invitando a xente a participar na masa do xoves seguinte entre outras cousas.

O día 26 a partires das 12 horas tendes unha cita coa bici, pero o importante terá lugar o resto do ano.

O xoves 30 de outubro celebramos de novo Masa Crítica. As 20 h no parque S.Lázaro. 

A masa crítica de setembro percorreu o barrio de O Couto

A masa crítica de setembro percorreu o barrio de O Couto

Preto de 30 biciusuarios percorreron as rúas da cidade o pasado xoves 25 de setembro reivindicando un espacio para a bicicleta e melloras para a seguridade que fagan que a bicicleta poida coexistir, cando menos nun primeiro momento co vehículo privado en Ourense.

A marcha, que saiu como todos os meses do parque San Lázaro e percorreu as rúas do centro urbano, o barrio do Couto, a avd. de Portugal chegando ao xardín do Posio e rematando na zona vella durante preto de 40 minutos.

Agardámos ser ainda máis o vindeiro 30 de outubro na MASA CRÍTICA OURENSANA

 

Verdegaia fai unha nova comparativa de medios de transporte en Ourense

Verdegaia fai unha nova comparativa de medios de transporte en Ourense

 

Verdegaia xa fixo o ano pasado unha comparativa de medios en todo o ámbito galego (Ferrol, Compostela, Vigo e Ourense), no que se demostraba claramente que o transporte máis rendible tanto en custes económicos como ecolóxicos era a bicicleta.

Este ano, cando temos un novo núcleo comarcal (A Coruña) e unha representante local en Ribeira, repetiremos esta actividade para volver procurar a mobilidade máis sustentable posible.

Verdegaia Ourense levaraa a cabo o martes 23 de febreiro ás 20:00 h. con saída na Praza Maior.

Desde alí iremos á zona do Paco Paz/ Expourense. De alí ó centro de saúde de Xoán XXIII e finalmente ó local de Verdegaia e Amarante (Avenida da Habana, 64).

Os medios escollidos son de novo: a pé, bicicleta, moto, autobús, taxi e coche.

Cada un/unha dos/as participantes levará unha ficha consigo para ir apuntando a hora de saída e chegada e logo farase un cálculo de custos tanto económicos como ambientais (prezo do taxi, prezo da gasolina ou gasoil, gasto da bicicleta e do coche ademais da gasolina, emisións de CO2, etc.).

Esta actividade usarase, ademais, para dar o informe dos resultados na Masa crítica do día 25 de setembro.

Xuntanza de planificación

Invitarvos a todos e todas a participar na xuntanza que estamos a organizar entre os colectivos e particulares interesados na MASA CRÍTICA OURENSANA a fin de ter máis incidencia e presencia na cidade.

Estades todas-os invitadas-os:

XUNTANZA
"MASA CRÍTICA"

23 de Setembro 2008
20.30 horas
Local de AMARANTE y VERDEGAIA

(Avd Habana 64, Ourense)

Coa seguinte orde do día:

1.- Presentación dos asistentes

2.- Proposta de Verdegaia para a dinamización da Masa Crítica

3.- Colectivos e grupos dispostos a organizar actividades

4.- Elaboración dun calendario provisiónal para os vindeiros 3 ou 4 meses.

5.- Outros

Un ano de Masas Críticas en Ourense

Un ano de Masas Críticas en Ourense

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

En CORUÑA, 7 de xuño, IIªMARCHA NUDISTA

Cartel_Marcha_Nudista

Chamamento Mundial. Sábado 7 de xuño de 2008. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.

Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.

Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.

Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.

Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.

Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alacant, Murcia, Valladolid, Valencia, Granada, Santander, Cuenca, Salamanca.

Visita a nosa web: http://www.ciclonudista.net

2º Marcha Ciclonudista en Galiza (Sábado 7 de xuño ás 12h na Coruña, saída da Praza de María Pita)


O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e algo abusivo, como tamén a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como gustemos, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade da Coruña, un paseo de tolerancia e integridade.

Despois do enorme éxito da primeira edición, con máis de 40 ciclonudistas paseando polas rúas da Coruña, a ciclonudista chega de novo á cidade. O percorrido comezará en na Praza María Pita, iremos vestidos e, nun punto do percorrido, fora a roupa e arriba as bicis! Smile

Queremos contar co maior número posible xente, polo que se alguén dúbidas, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo xa que non é obrigatorio ir espid@s. Tamén podedes acudir con perrucas, caretas, pintad@s, … Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible e para recordar.

A convocatoria, mentres non se animen outras cidades a celebrala, pretende ser unha ciclonudista galega, polo que queremos facer partícipes ás persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante na cidade da Coruña. Avisade a todos os vosos contactos, a tod@s @s vos@s coñecid@s, amig@s ou familiares, seguro que agradecerán coñecer esta convocatoria.

Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net

A preparación poderedes seguila aquí: Foro das masas críticas galegas (apartado da ciclonudista)

O material dispoñible é:

- Cartel
- Panfleto diante
- Panfleto detrás

Vémonos o sábado 7 de xuño ás 12h en Coruña, na Praza María Pita!
DIFUNDIDE !!!

 

 

29 de MAIO, Masa Crítica en Ourense

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres