Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2007.

09/10/2007

Último xoves do mes de Setembro...

20071016101613-crmass-ny-peke.jpg

...e como non podía ser menos... BICICLETADA!!!...


Niso quedaramos...e así foi...e aínda que non eramos tantos como na primeira (esta vez sobre 23 persoas)...habemos de dicir que estamos contentos, xa que moitos dos que asistimos á primeira non puidemos ir, pero tivemos moitas caras novas, e todos con ganas de que isto siga adiante.


Quedouse como xa se dixo no Pavillón dos Remedios, ás 20:30 hrs., e de aí partiuse, saíndo cara a Progreso, para despois subir por Marcelo Macías ata a Av. de Portugal, percorrendo o barrio do Couto, e chegando de novo ao Pavillón.

Así que xa sabedes, quedades todos invitados á próxima BICICLETADA, o último xoves do mes de Outubro, día 25, a partir das 20:00 hrs. dende o Pavillón dos Remedios...

COMEZA A MUDAR A GASOLINA POR CALIDADE DE VIDA DENDE HOXE MESMO!!!

09/10/2007 22:49 Autor: Masa Critica Ourense. No hay comentarios. Comentar.

17/10/2007

Esto sigue adiante e imos crecendo día a día...

...e como o máis importante é a boa comunicación...

  • decidimos crear unha lista de correo propia...na que te podes inscribir gratuitamente e así recibir toda a información das bicicletadas e demáis actividades que se leven a cabo:
  • tamén pensamos que sería boa idea ter un espacio para ir subindo videos das diferentes bicicletadas, e para elo creamos un canal da MC de Ourense en YouTube:

e como xa temos colgado o noso primeiro video, da nosa MC incial, aquí o deixo para que votedes unha ollada. Parabéns para Julia que e a creadora.

 

 

xa estamos argallando novas ideas... preparándonos para a seguinte MC...lembra...

COMEZA A MUDAR A GASOLINA POR CALIDADE DE VIDA DENDE HOXE MESMO!!!

17/10/2007 16:04 Autor: Masa Critica Ourense. Hay 2 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]