Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2007.

18/09/2007

Un pouquiño de filosofía...

A Masa Crítica é un movemento global que realiza mensualmente un paseo lúdico e reivindicativo polas rúas da cidade, divulgando así, de xeito creativo, o uso de transportes non contaminantes como alternativa ao coche.

A idea foi bastante sixela. Un día, un grupo de ciclistas reuniuse na cidade para protestar polas as condicións do tráfico, causando unha chea de problemas ao tráfico motorizado. Á xente gustoulle a experiencia e decidiron que se convertese nun costume. Así, desde entón e unha vez ao mes, reúnense no mesmo lugar á mesma hora.


¿Que é unha bicicletada?

Unha bicicletada é un paseo de bicileta, patíns, "skates" e afíns polas rúas da cidade para promover a calidade de vida urbana.

¿Quen organiza a bicicletada?

A MC é un conxunto de cidadáns que cooperan para realizar estes paseos. A MC é apartidaria, non representa ou segue calquera orientación ideolóxica nin ten fins lucrativos.

¿Onde se realizan?

As bicicletadas realízanse en máis de 350 cidades de todo o mundo. Tiveron comezo en San Francisco, no 1992, sendo agora un movemento a nivel mundial.

¿Cando se realizan?

As bicicletadas realízanse todos os meses, o mesmo día, á mesma hora, chova ou faga calor. No caso de Ourense, a bicicletada realizase sempre o útlimo xoves de cada mes, a partires das 20:00 hrs, dende o Pavillón dos Remedios.

Este movemento existe tamén noutras cidades galegas: Compostela (último mércores de cada mes), Vigo (primeiro domingo) ou A Coruña (último venres), así como noutras moitas cidades de todo o país e de todo o mundo.

¿Quen pode participar?

Calquera persoa animada polas mesmas intencións que a MC pode participar. Basta aparecer no lugar e hora habituais coa súa bicicleta ou vehículo similar. Se queres traer un amigo, mellor!!!


¿O traxecto dunha bicicletada é difícil?

Non. É sempre unha ruta urbana trazada para poder ser completada por calquera condición física. A velocidade é sempre baixa, determinada polo máis lento dos participantes. Habitualmente os paseos duran ao rededor dunha hora.


Os obxectivos da MC son:

  • Divulgar e promover o uso da bicicleta e outros vehículos non motorizados como medios de transporte viables
  • Crear condicións favorables ao uso da bici como medio de transporte, volvendo as cidades máis hospitalarias
  • Volver máis ecolóxicos e saudable a mobilidade urbana

Resumo dos princípios:

O movemento de MC baséase na idea de que non hai unha xerarquía de cargos. A participación é aberta a calquera persoa interesada, bastando a súa comparecencia. As rutas son decididas por consenso na hora, e poden ser realizados por calquera persoa.

¡ ¡ ¡ Anímate ! ! !

¡ ¡ ¡ Ven pedalear ! ! !

18/09/2007 00:11 Autor: Masa Critica Ourense. No hay comentarios. Comentar.

¡ ¡ ¡ Comezamos ! ! !

20070918121431-logo-emw-theme-eng.jpg

Aproveitando que nos atopamos na "Semana Europea da Mobilidade" , e fartos xa de tanta contaminación e de non poder utilizar as nosas bicis como medio de trasporte seguro pola cidade, dende un grupo de cidadáns ciclousuarios queremos dar comezo a esta iniciativa en Ourense.

Nesta sociedade na que nos toca vivir a procura desesperada da velocidade e o uso escesivo do coche orixinan niveis de conxestionamento tales que calquera coche circula a certas horas, ridiculamente, á velocidade dunha carroza.


Ansiosos pola velocidade, aínda que bloqueados no tránsito, algúns conductores revelan, sistematicamente, un comportamento impropio da vida en sociedade, non respetando e pondo en risco ós máis vulnerables, cos seus arranques e paradas bruscas, co abuso ilegal da bocina ou non cedendo o paso.

Cada ciclista na rúa representa un coche menos no conxestionamento.


Acode á invitación para vir pasear connosco e descubrir unha prespectiva moito máis saudable e agradable de moverse en hora punta.

É momento de cambiar a gasolina por calidade de vida!!!
18/09/2007 00:34 Autor: Masa Critica Ourense. No hay comentarios. Comentar.

1º Bicicletada en Ourense...

20070918144922-1-bicicletad.jpg

¡ ¡ ¡ Estades tod@s convidad@s ! ! !

Damos o pistoletazo de saida o Xoves 20, dende o Pavillón dos Remedios, a partires das 20:00 hrs.

Ven pedalear connosco, comeza a mellorar a túa calidade de vida...

Trátase de facernos ver, de amosarlle a cidade como é posible outra forma de transporte, máis respetuosa co medio ambiente...

E para elo a idea e que durante a MC levemos tod@s un chaleco reflectante amarelo e silvatos...asi como calquera outro distintivo que se vos ocurra...todas as ideas son boas e benvidas...(falamos tamén de bandeiras na bici, algunha sorte de matrícula, pegatinas, brazaletes reflectantes...)

Se queres participar non tes máis que acudir...pero se non podes pedalear connosco, a túa colaboración será de grande axuda, divulga a idea!!!, pero ante todo, respeta @s ciclousuari@s no día a día!!!.

 

NOTA: no apartado de enlaces atoparedes un de "Material"...onde podedes baixar uns diseños para volantinas, e así colaborar na súa difusión...GRAZAS!!!

18/09/2007 12:41 Autor: Masa Critica Ourense. No hay comentarios. Comentar.

21/09/2007

Bo comezo...!!!

20070922002558-mapa-1.jpg

Onte, Xoves 20 de Setembro, demos comezo ó que de agora en diante será para todos aqueles cidadáns que queiran participar, unha bicicletada lúdica e festiva, a primeira andaina da Masa Crítica en Ourense.

A cousa comezou ben, fomos chegando ó Pavillón dos Remedios, as 20:00 hrs., e cada un de nos foi aportando o seu gran de area: globos, chifres, chalecos reflectantes, volantinas para repartir, matriculas para as nosas bicis...

Cando xa nos xuntamos un bo grupo de persoas, unhas 25, e logo de concretar unha ruta, demos comezo a bicletada: saimos dos Remdios hacia os xuzgados e subimos pola rúa Cocello ata chegar ó Parque San Lázaro.

Unha vez alí tomamos a rúa Bedoya ata cruzarnos coa Av. de Bos Aires, a cal percorremos ata o cruce coa Habana, dirección San francisco, pasando polo Auditorio e baixando Peña Trevinca ata o cruce con Coruña.

Chegados ó Posío tomamos pola rúa Progreso ata o edificio da Deputación, onde entramos ata a rúa do Paseo, a cal percorremos coas bicis na man, repartindo volantinas e facendonos ver, así como recibindo unha boa aceptación por parte dos peóns.

Ó chegar a Subdelegación fixemos unha pequena parada, para logo retomar a nosa andaina pola rúa Curros Enriquez, ó final da cal tomamos Sáez Diez ata chegar de volta o noso punto de partida, o Pavillón dos Remedios.

O percorrido durou algo máis dunha hora, nun ambiente festivo, pero sen perder o fondo reivindicativo propio da MC.

E para que isto siga adiante, e porque consideramos que a convocatoria tivo bastante éxito, este Xoves 27, por ser o último xoves do més, REPETIMOS!!!...así que xa sabedes, dendo o Pavillón dos Remedios, as 20:00 hrs...AGARDAMOS MÁIS INCORPORACIÓNS!!!

Se vos animades e queredes axudarnos a organizarnos para a próxima, quedamos en facer unha xuntanza no local social A Esmorga, o vindeiro Luns 24 de Setembro, as 20:30 hrs. para tratar estes e outros temas:

  • Financiación: aportacións económicas para facer volantinas e estas cousas que se poderían mercar.
  • Novas ideas orixinais para ir facendo: pegatas quizais (temos un orzamento de 7 centimos cada unha, mais ou menos, podería sair mais barato incluso), máis material (recordade que podedes baixar e imprimir o material que temos colgado)
  • Dar a coñecer o Blog. Ver como podemos coordinarnos para xestionalo.

E lembra...COMEZA A MUDAR A GASOLINA POR CALIDADE DE VIDA DENDE HOXE MESMO!!!

21/09/2007 22:08 Autor: Masa Critica Ourense. No hay comentarios. Comentar.

26/09/2007

O Xoves 27 máis...

20070926122145-xuntanza-remedios-peke.gif

...e agardemos que mellor!!!

Dada a boa aceptación recibida na 1º Bicicletada do pasado Xoves 20, e por ser este Xoves 27 o último do mes... REPETIMOS!!!

Convidamos a todas aquelas persoas que queiran, a participar activamente na bicicletada, tanto vindo a pedalear, como axudándonos a divulgar a idea dunha cidade máis limpa, máis saudable, que respete o medio ambiente, unha cidade máis habitable, con menos fumes e ruidos, unha cidade mellor para todos...

Este xoves voltamos ás rúas, participa connos, aporta ideas, material, a túa axuda é benvida...

A cidade e de todos...e de todos depende o seu coidado...

Quedamos o Xoves 27, ás 20:00 hrs, no Pavillón dos Remedios

COMEZA A MUDAR A GASOLINA POR CALIDADE DE VIDA DENDE HOXE MESMO!!!

 

 

26/09/2007 12:18 Autor: Masa Critica Ourense. Hay 2 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]